O PAPAGAIO REVISTA

13/5/10

VIAXE AO COUREL.

O alumnado do 3º ciclo fixo unha visita guiada ao Courel. Unha monitora foilles explicando as peculiaridades da Flora e Fauna da zona. O máis emocionante foi que puideron ler os poemas de Uxío Novoneyra "in situ" onde naceron, medraron e viron a luz. Poemas adicados á paisaxe, aos arredores da súa casa, no seu banco favorito, no seu cuarto...
Tiveron a gran sorte de coincidir na casa de Uxío coa súa muller, Elba, que moi amablemente, lles amosou todas as dependencias e ademais compartíu con eles, a lectura de poemas e escribiunos unha dedicatoria, no libro "Os Eidos", que gardaremos con moito agarimo na nosa biblioteca.
Moitas grazas Elba!!!
Esperamos ansios@s a túa visita ao colexio.

5 comentarios:

  1. Elba muller de Uxio15 de mayo de 2010, 12:45

    Hola son Elba vos queria dicir
    que non vos contestei porque estiven moi liada.
    Vos teño que dicir que non podo ir
    o luns 26 e que ese dia teño que ir ao médico.
    Enton que día poderei ir.
    E que estou un pouco mal.
    E o meu corpo necesita descanso.
    O SINTO MOITISIMO
    UN SAUDO ÁNXELES.

    ResponderEliminar
  2. O primeiro de todo desexámosche que descanses e te recuperes. Decímosche os días que temos ocupados: 8,14,15,16 e 18 de xuño, e logo ti decides cando poidas vir. Se te queres comunicar personalmente con nós, o teléfono é: 981432533, estamos no centro de 9.30 a 14.30.
    Un bico e ánimo.
    Ánxeles.

    ResponderEliminar
  3. Que actividade tan preciosa! Dádesme unha envexaaaaa...
    esa si que é unha marabillosa forma de vivir a poesía.
    Apertas agarimosas desde a biblio do CEIP de Pazos.

    ResponderEliminar
  4. Hola son a filla de Elba me dixo a miña nai que vos dixera que non pode ir esta moi mal.
    Non vos quere dicir o que ten xa vos o imaxinades.Eunha enfirmidade moi mala.
    Esta no hospital dixo que pao curso que ven ao mellor en setembro.

    ResponderEliminar
  5. E a min encantame Raioteca porque hai moitos libros...e tamen porque hai moitos nenos es nenas.

    ResponderEliminar