Colaboran: OQO Editora, Xerais e Editorial Galaxia.
De 11h. a 12h. asistimos a un Obradoiro de Ilustración a cargo de RODRIGO CHAO.De 12h. a 13h. Obradoiro de Microrrelato a cargo de MAR GUERRA.
De 13h. a 14h. Obradoiro de poesía, música e palabras a cargo de XABIER MUGARDOS (Pulpiño Viascón), músico multi-instrumentista e clown, se queres coñecer a súa traxectoria musical preme aquí.

Foi unha xornada moi intensa, na que desfrutamos un montón: debuxamos, pintamos, escribimos un microrrelato e escoitamos poesía e unha música moi orixinal.
Dende aquí queremos agradecerlle á mestre de música do CEIP Couceiro Freixomil, Pilar, por invitarnos a participar nestas actividades tan interesantes. Moitas grazas!!!
Rematamos cun vídeo titulado:"Pulpiño Viascón e o serrucho máxico". Seguro que vos soa.
Que traballo máis bonito fixechedes. Poñeremos un link no blog....parecenos experiencias fantásticas para compartir...nós estamos moi contentos desta experiencia, desexando repetilas.
ResponderEliminarGrazas polo voso agradecemento.
Un abrazo ben forte Andrade.