Blog da Biblioteca do CEIP
Plurilingüe de Andrade-Pontedeume.
O PAPAGAIO REVISTA
▼
28/11/07
XUNTANZA NA BIBLIOTECA
O xoves 22 de Novembro, a nosa mascota, RAIOTECA, convocounos para dar as grazas a todos os participantes que fixeron posible a creación dos libros: "Receitas de Outono" e "Receitas de Bruxos". Houbo agasallos para todos e todas e especialmente para as receitas máis votadas, xa que a cada unha asignámoslle un número e despois de estar expostas durante aproximadamente dúas semanas, todos os alumnos/as do Centro votaron a receita que lles pareceu máis orixinal, sabrosa, mellor presentada ,etc.
Ese día os rapaces e rapazas de 1º e 2º representaron unha das súas receitas de bruxos e ao remate houbo degustación dun bizcoito de froitasde Outono, elaborado polos alumnos/as.
Moitas grazas polos teus comentarios, "encargada da biblioteca de Andrade", ha, ha! Xa vexo que non parades de traballar. Felicidades e un saúdo agarimoso desde o CEIP de Pazos.
Moitas grazas polos teus comentarios, "encargada da biblioteca de Andrade", ha, ha!
ResponderEliminarXa vexo que non parades de traballar. Felicidades e un saúdo agarimoso desde o CEIP de Pazos.