28/9/22
SOÑOS DE ANDEL 2022-2023
Témosvos que dicir que a rapazada voluntaria de bibliotecarios/as estivo organizando horarios, espazos,..., todo o necesario para poñer a punto o comezo desta nova aventura.
Están a facelo xenial!!! Son todos e todas moi traballadores/as.
Aquí vos deixammos o cartel sobre os ODS, feito por algunha rapazada de 6º de primaria, coa colaboración da mestra Mª José.
20/6/22
RECOMENDACIÓNS PARA ESTE VERÁN 2022
.gif)
OS LIBROS GUSTAN DA VIAXE E DA SORPRESA,
AGARDAN NOS ANDEIS OU NOS EXPOSITORES
POR ESA MAN QUE, AO ABRILOS,
POÑA EN FUNCIONAMENTO A MAXIA DA LECTURA.
NON ESQUEZADES LER MOITO EN CONTACTO COA NATUREZA!!!
6/6/22
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE E DOS OCÉANOS
Que tal estades rapazada? Xa chega o fin de curso e con el o remate aos nosos traballos en equipo para a nosa biblioteca.
Desexamos, tanto Lorolareto coma eu, que o pasarades moi ben na procura de novos libros , cos que poder viaxar a mundos máxicos.
Deixámosvos cos traballos finais do noso Proxecto Integral de Centro
" AS NOSAS PEGADAS ECOLÓXICAS"
Parabéns nenos e nenas, polo voso traballo, aprendizaxe e esforzo durante este curso 2021/2022.
Tamén queremos agradecer ás familias a súa magnífica colaboración!
Grazas , tamén aos mestres, e mestras que fan posible que a nosa biblioteca sexa un punto de encontro para imaxinar, soñar e aprender .
Este venres, 3 de xuño tivemos un obradoiro de
"Bombas florais", si, si, escoitáchedes moi ben. A rapazada fixo unhas bombas de terra con sementes florais para poder lanzar en calquera sitiio da Natureza e poder axudar aos polinizadores, a facer a súa labor tan importante para todos os seres vivos.
Deixámosvos con fotos do obradoiro.
27/5/22
OS LOBISHOMES DE ANDRADE
Hello rapazada! Fálavos Raioteca, e gustaríame presentarvos unha actividade que se levou a cabo na nosa biblio en colaboración co profesorado de inglés.
Os homes lobos de castronegro é un xogo ameno e que permite traballar a oralidade, o razoamento e a toma de decisións. Que mellor oportunidade para traballar e pór a proba o noso inglés?
Comezamos explicando o xogo e distribuindo as persoaxes para facer unha pequena práctica. Cada un dos alumnos e alumnas terá un papel único que debe performar.
Cando collimos soltura, introducimos os obxectos. Estes poderán ser comprados coas monedas obtidas a partir de resolver preguntas sobre a nosa biblioteca, debiamos tratar de respondelas en inglés por suposto.
24/5/22
ENTREVISTA A ETHAN
O ECO DAS PEDRAS- HISTORIAS DE ORALIDADE
Este mércores 18 de maio , tivemos o pracer de poder desfrutar da compaña de Raquel Queizás, unha extraordinaria domadora da oralidade, para celebrar o Día das Letras Galegas.
MES DAS FLORES E DAS LETRAS
Aquí vos deixamos coa alfombra floral en formato pasapalabra, que este ano adicamos polas Letras Galegas a Florencio Gurriarán, poeta que adoraba a NATUREZA do seu pobo Córgomo, á que adicou poemas.
Raioteca propuxo á rapazada, que pescudara palabras en galego relacionadas coa NATUREZA, para facer un pasapalabra, e aquí vos deixamos co traballo que estiveron realizando os días desta semana das Letras para poder rematalo.
Cada unha das palabras tiña un código QR( uso de tablets ) para cando adiviñaran a palabra, poder aprender máis sobre ela.
Toda a rapazada gozou moito, tanto para facelo como para resolver o pasapalabra.
Desexamos que vos guste!!!
SOLUCIÓN DOS TRES WORDLES:
QUEIRUGA - ZONCHO - HERBA



.png)



.gif)


.jpg)
