10/6/07

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA


Na semana do 3 ao 9 de Xuño
celebrouse en Pontedeume
a semana do libro e a lectura.
Este ano adicada a un dos
grandes temas da literatura
de todos os tempos:
O MEDO.
VAI DE MEDO será a base de obradoiros para nenos e adultos:

- Sesións de contacontos

- Exposicións

- Espectáculos

- Ilustradores...

O cartel é da ilustradora luguesa NOEMI LÓPEZ

28/5/07

PRESENTACIÓN

Durante a semana do 14 ó 18 de Maio con motivo da celebración das letras galegas tivo lugar,entre outras actividades realizadas para conmemorar esa data, a presentación dun traballo sobre MARÍA MARIÑO.
Nesta actividade participamos todos os nenos/as do colexio, dende Educación Infantil ata 6º curso de Primaria.
É unha exposición con texto e ilustracións da vida e obra desta escritora.


create your own slideshow

21/5/07

WEBQUEST


Dende a biblioteca RAIOTECA propón o reto de realizar unha webquest titulada:
"Coñecendo a María Mariño Carou"

20/5/07

LETRAS GALEGAS 2007


Este ano adícase o día das Letras Galegas á escritora MARÍA MARIÑO CAROU e todos os alumnos/as do colexio puxémonos a traballar para elaborar un monográfico sobre a súa vida e obra. Esta é unha pequena mostra do resultado:

EXPOSICIÓN DE LIBROS ELABORADOS POLOS ALUMN@S




Na entrada do Centro pemanecen expostos durante todo o mes os libros elaborados polos alumnos/as do colexio con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.

GAÑADORES DO CONCURSO: Ilustrad@r do libro do mes


Os dous debuxos gañadores de Javi e Rocio foron expostos nun atril na biblioteca.
Ademáis do debuxo, nesta ocasión tiñan que reinventar un novo final para este clásico conto.

ILUSTRAD@R DO LIBRO DO MES






Estos son algúns dos debuxos máis votados dos que se presentaron ó concurso para mellor ilustrad@r do libro do mes : "La bella durmiente"

29/4/07

23 de Abril, Día Internacional do libro


O día 23 de Abril, DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO, a nosa mascota, Raioteca, chegou cargada de sorpresas: Novos libros para a biblioteca, diplomas ós mellores lectores, ós mellores ilustradores e agasallos para tódolos lectores do colexio.
Ese mesmo día colgamos na páxina web do noso centro unha CAZA DO TESOURO, dirixida ós alumnos/as do 2º e 3º ciclo.
Algunhas das novidades que Raioteca aportou á biblioteca:

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails