O PAPAGAIO REVISTA

28/11/07

XUNTANZA NA BIBLIOTECA

O xoves 22 de Novembro, a nosa mascota, RAIOTECA, convocounos para dar as grazas a todos os participantes que fixeron posible a creación dos libros: "Receitas de Outono" e "Receitas de Bruxos". Houbo agasallos para todos e todas e especialmente para as receitas máis votadas, xa que a cada unha asignámoslle un número e despois de estar expostas durante aproximadamente dúas semanas, todos os alumnos/as do Centro votaron a receita que lles pareceu máis orixinal, sabrosa, mellor presentada ,etc.

Ese día os rapaces e rapazas de 1º e 2º representaron unha das súas receitas de bruxos e ao remate houbo degustación dun bizcoito de froitas de Outono, elaborado polos alumnos/as.


24/11/07

RECEITAS DE BRUXOS

"RECEITAS DE BRUXOS" é unha recopilación de receitas
elaboradas polos nenos e nenas de 1º e 2º curso. Están feitas
cos ingredientes máis insospeitados: sapos, pelos de rato, cobras,
arañas, lesmas...

DOUS NOVOS LIBROS

Grazas á colaboración de todas e todos os alumnos/as do colexio,
creamos dous novos libros para a nosa Biblioteca:
"RECEITAS DE OUTONO"e"RECEITAS DE BRUXOS".
As "Receitas de Outono" divídense en catro apartados:
-. Receitas con castañas e noces
-. Receitas con mazás
-. Receitas con cabaza
-.E outros ingredientes propios do outono .
Os creadores da portada son os nenos/as de E. Infantil
de 4 e 5 anos. Os creadores da contraportada os alumnos/as
de E.Infantil de 3 anos.
Ahí tedes unha pequena recopilación dalgunhas das receitas.
Hai moitas máis.


VESTÍMONOS DE OUTONO



Nas noites de Outono
anda o vento ás ceibas
¡Acochádevos todos!
¡Zoa a carballeira!

As pobres castañas
pingan en ringleira
¡Preparade as cestas!
¡Zoa a castiñeira!

Nas noites de Outono
detrás da lareira
facemos magostos
e contamos lendas.

4/11/07

VISITA A SANTIAGO

O Martes 30 de Outubro todos os alumnos/as do CEIP de Andrade partimos cara Santiago para facer un montón de actividades: Visita ao PARLAMENTO GALEGO, coa realización dun taller de Reciclaxe de papel. Visita a GALICIA DIXITAL ,con viaxe submarina polo mar de Galicia, destellos en 3 dimensións, montaña rusa, percorridos virtuais, imaxes panorámicas de 360 graos de lugares emblemáticos galegos. E por último, por suposto ,unha visita á CATEDRAL. Foi unha saída moi aproveitada e que todos e todas disfrutamos moito. Agora faremos unha exposición cos traballos inspirados nestas experiencias tan intensas vividas en Santiago. Seguro que saíran cousas moi interesantes. RAIOTECA espera con ansiedade.