O PAPAGAIO REVISTA

2/2/22

DÍA DA PAZ 2022- UNHA PONTE ENTRE POBOS

Bo día! Hoxe reunímonos todos e todas para celebrar o Día Da Paz.

O alumnado de 6º fixo un mural adicado ao libro "Unha ponte para Najla" da escritora Maite Herrero Ameixeiras, que nos agasallou Raioteca.

 Os nenos e nenas de infantil e primeiro de primaria, fixeron unhas vacinas pola paz, o amor e a amizade no mundo, e a rapazada de 5º e 6º fixemos un podcast adicado ao Día Da Paz. 

Deixámosvos co podcast do audiolibro "Unha ponte para Najla" que a rapazada  de 5º adaptou.

Desfrutade moito!!!

Lembrade que é moi importante: 

"MUDAR FRONTEIRAS POR PONTES"


 


 

Música: Imagine ( The Beatles), Papaventos de papel.

No seguinte vídeo , podedes desfrutar da canción de Paz : "Hierbas y flores", que a rapazada de 5º interpretou instrumentalmente.

GRAZAS A TODOS E A TODAS POLO VOSO TRABALLO!!!


 


CANCIÓN:  GUADI GALEGO "FRONTEIRAS"

7 comentarios: