10/2/17

Plan proxecta: ALIMÉNTA-T BEN

Este proxecto está pensado para fomentar hábitos saudables na comunidade escolar a través de dietas saudables e equilibradas promovendo o emprego de produtos de calidade que garantan un desenvolvemento axeitado.
As diferentes modalides deste programa fan ao alumno protagonista da súa aprendizaxe.
Este curso o centro participa na modalidade de froita na escola e no sabor da aventura está no mar.
O pasado 10 de febreiro tivemos un obradoiro moi interesante. 
Aquí tedes un resumo do mesmo en imaxes.


2/2/17

PAZ 2017





O pasado luns día 30 de xaneiro celebramos o Día da paz.
As profes Encarna e Isabel, que son unhas artistas, fixeron unha fantástica adaptación teatral do libro de Ramón Caride "A pomba Dona Paz" o cal está ilustrado por Pepe Carreiro. 
Este libro é unha mensaxe de esperanza dirixida aos máis pequenos e pequenas, posto que só eles e elas serán quen de cambiar este presente desolador que vivimos: diferenzas sociais, guerras, nenos traballadores, mulleres maltratadas...

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo.
Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa.
Eu canto odía amañece vai pasear moi cediño,
para ver que cousas pasan polas `razas e os camiños.

Alumnado de todos os cursos representaron esta obra. Foi un éxito, e os/as actores e actrices comprenderon moi ben a mensaxe que transmite o libro. Dende a biblioteca animámosvos a ler "A pomba Dona Paz".
Todos xuntos cantamos unha canción do profe do CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueiras, Jesús Pareja. Este é o vídeo da mesma.


En plástica os/as nenos e nenas fixeron unhas flores. En cada pétalo escribiron a palabra PAZ en distintas linguas.  Na imaxen que tedes a continuación está o resultado final. Moi bonito!.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails