31/5/16

MELLORES LECTORES.

Esta semana realizamos na Biblioteca a entrega de premios aos mellores lectores deste 3º trimestre:

4º de Educación Infantil: Lucía Vázquez Carrera.
5º de Educación infantil: Hugo Sánchez Espiñeira.
6º de Educación Infantil: Daniela Bustabad Fernández.
1º Curso Primaria: Carolina Díaz Vila.
2º Curso Primaria: Dafne García Martínez.
3º Curso Primaria: Bruno Blanco Cal.
4º Curso Primaria: Sabela Martínez Campos.
5º Curso Primaria: Antia Díaz Rey.
6º Curso Primaria: María Pardo González.  


PARABÉNS E FELICES LECTURAS!!!



13/5/16

REPARTO DE MARCA PÁXINAS MANUEL MARÍA.


Que mellor xeito de celebrar as Letras Galegas, que repartindo fragmentos de poemas do autor homenaxeado.

Aquí vos deixamos unha pequena reportaxe fotográfica deste reparto dos nosos marca páxinas con poemas de Manuel María, ilustrados polos alumnos e alumnas do colexio.

Esperamos que lles gusten!!!!




12/5/16

MARCA PÁXINAS MANUEL MARÍA.


Todo o alumnado do Centro, desde Ed. Infantil ata 6º de Primaria, fixeron uns marca páxinas cun fragmento dun poema de Manuel María e un debuxo relacionado.

Todos estes marca páxinas serán entregados a diferentes establecementos do pobo: o supermercado, a farmacia, librería ... para ser distribuídos entre os seus clientes.

O que pretendemos con esta actividade é que o traballo do noso alumnado traspase os muros do colexio, que lle vexan unha utilidade, e á vez dar a coñecer fragmentos de poemas do autor homenaxeado este ano, entre a xente máis próxima aos nosos alumnos e alumnas.





9/5/16

MAIOS 2016.






Este curso, como en anos anteriores, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos os MAIOS.
Coa colaboración de todo o alumnado do centro e das familias, elaboramos o noso "MAIO DE ARCOS", un precioso maio engalanado con todo tipo de flores.
Participamos no concurso organizado polo Concello de Pontedeume o domingo 1 de maio.

Dende aquí queremos agradecer a colaboración de toda a Comunidade Educativa.
Dende a Biblioteca aportamos un LIM elaborado hai uns anos, pero que consideramos que segue sendo de gran interese.
Tamén temos unha recompilación dos cantos de Maio na Bisbarra Eumesa, elaborada coa colaboración do director da coral de Pontedeume, Xosé Paz (Pepucho).





Programa de Radio en 6º curso

A mestre e o alumnado de 6º curso fixeron unha maqueta dun programa radiofónico para aplicar as novas tecnoloxías na aula, utilizando o spreaker.
Precisamente a entrevista xirou entorno á "Aplicación das TICS na aula, ventaxas e inconvintes". 
Moi interesante!!!! 





Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails