25/1/15

PAZ 2015

Este ano adicaremos o Día da Paz a coñecer un pouco mellor á paquistaní Malala Yousafzai, galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz, pola defensa do dereito á educación das mulleres.
O alumado de 6º curso presentaranos un pequeno resumo sobre a súa vida. Despois faremos unha lectura colectiva do libro "Querida Malala".
Para rematar cantaremos unha canción arabe que fala de amor e paz, deixamos o enlace ao blog de música no que nos explican que están a coñecer o folklore do país de Malala, Pakistán.
Tamén faremos un acto final no que compartiremos os traballos realizados na área de Artística . Cada neno/a levará como agasallo o traballo realizado por un compañeiro ou compañeira do colexio.


FELIZ DÍA DA PAZ 2015.


20/1/15

MOCHILAS VIAXEIRAS 2014/2015




Ao comezo deste ano 2015 as nosas Mochilas Viaxeiras inician a súa andadura cheas de retazos de mar: libros informativos, de ficción, música..., para disfrutar en familia.

BOAS LECTURAS!!!







Este ano tamén introducimos nas mochilas: 



16/1/15

EDUGA. Revista Galega do Ensino.

Xa está dispoñible o volume 68 (xullo-decembro 2014) da revista EDUGA, no portal da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
Revista Galega do Ensino (www.edu.xunta.es/eduga).

Neste número aparece un artigo de Boas Prácticas da nosa Biblioteca "Soños de Andel":




14/1/15

1ª XUNTANZA PLAMBE FERROLTERRA


En xaneiro tivemos a 1ª reunión do Plambe Ferrolterra no 2015.
A xuntanza foi no IES Fragas do Eume. Ali expusemos algunhas das actividades que levamos a cabo na nosa Biblioteca, e rematamos cunha merenda-cea elaborada polo alumnado da Escola de cociña, que tamén se imparte neste Centro. 
Foi un xeito fantástico de comezar. Dende aquí darlle as grazas á anfitriona, Glafira,  responsable da Biblioteca deste Instituto.

1/1/15

FELIZ 2015




RECOMENDACIÓNS LECTORAS. NADAL 2014

Neste curso o noso PDI é sobre o Mar, e a Guía de lecturas de Nadal ponnos o Mar en Poesía. Atoparedes unha variada selección de libros de poesía coa temática do Mar.
Dende a Biblioteca "Soños de Andel" desexámosvos

Bo Nadal e Felices Lecturas.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails