21/2/13

Lectura colectiva "CANTARES GALLEGOS"



Con este vídeo participamos na Lectura Colectiva de "Cantares Gallegos" proposta pola AELG (Asociación de escritores en Lingua Galega).
Parabéns a todo o alumnado participante, por eses fermosos debuxos que ilustran o poema, e esas fantásticas voces. 
Moitas grazas polo vosa colaboración.






Rosalia de Castro 2013 from Andrade on Vimeo.



17/2/13

ROSALIA DE CASTRO


Consultade este enlace: 



Seguro que agora estades preparados 
para resolver estas cuestións. 
Boa sorte!!!




13/2/13

LECTURAS CON CORAZÓN.



Pensamos que a celebración de San Valentín é un bo momento para a realización de actividades que nos axuden a expresar sentimentos de afecto.
Dende a biblioteca elaboramos dúas guías  de "LECTURAS CON CORAZÓN"nas que atoparedes unha relación de libros clasificados por niveis, nos que o tema principal é o Amor e a Amizade.
Para acceder clicade nas imaxes.





Pon a proba os teus coñecementos sobre "San Valentín". Podes consultar aquí antes de comezar o xogo. 
Boa sorte!!!




AS CORES DE GALICIA "O mundo de María Lires"

Este segundo trimestre, continuando co noso proxecto "As cores de Galicia", adicarémolo á ilustradora do conto Soños de andel, que lle da nome á nosa Biblioteca. A ilustradora María Lires.


12/2/13

UN ENTROIDO DE CINE.

Este curso, enlazando co noso proxecto centrado na arte, tivemos un Entroido adicado a outro modo de facer arte: 
O CINE.

"Piratas do Caribe", en Educación Infantil
Películas de contos: "Os sete cabritiños e o lobo", no 1º ciclo      
                                  "Aladino e a lámpada maravillosa", no 2º
                                    ciclo. 
E non podía faltar un musical: Grease, no 3º ciclo.
Aquí tedes a reportaxe cinematográfica.
Feliz Entroido 2013!!!



IMOS DE CONCERTO.



As alumnas e alumnos de primeiro, segundo e terceiro ciclo asistiron á representación musical da obra: "El cascanueces"que ten a súa orixe nun espléndido conto:
"El cascanueces y el rey de los ratones"
do escritor e músico alemán Hoffman .
Con este motivo dende a biblioteca aportamos dous libros relacionados con esta obra, fusión de literatura, música e teatro:
"Cascanueces" dentro dunha serie de contos clásicos con CD, publicada por imaginarium, para 1º ciclo.
"Musicando con Chaikovsky y el Cascanueces" tamén con CD, para o segundo e terceiro ciclo.




A historia comeza cunha festa na véspera do Nadal, na casa dos pais de Clara. Drosselmeyer é un dos invitados á festa e trae varios regalos para a súa sobriña, entre eles un crevanoces  con forma de soldado. O irmá de Clara, Fritz, trata de apoderarse do novo xoguete da súa irmán e rompe....





2/2/13

PAZ 2013

O día 30 de xaneiro é o día Escolar pola PAZ
No cole de Andrade, este ano celebrámolo baixo o lema: APERTAS DE PAZ
En cada curso adicaron, unha aperta de PAZ para... 
Ese día xuntámonos tod@s no recanto dos contos, unha doutora moi especial explicounos a orixe das apertas e ensinounos, que con apertazol e moito agarimo, tiñámolo moi fácil. Tamén falamos da "verdade sobre as apertas" e cantamos a canción "A rumba das APERTAS". Enlace ao vídeo AQUÍ.
Recibimos a visita da TVG que nos fixo unha fantástica reportaxe. Moitas grazas. 
Foi unha celebración moi especial e pensamos que non debería quedar só nun día.
Felices APERTAS!!!



Á entrada do colexio decoramos os taboleiros con todos os nosos desexos de PAZ.












MOCHILAS VIAXEIRAS 2013



Coa chegada do novo ano parten para as casas do noso alumnado de Primaria as Mochilas Viaxeiras, cun novo contido moi selecto e variado: 
Música, Poesia, libros en inglés e xogos de PC.
Aquí podedes acceder ao contido das mochilas viaxeiras de cada curso:





Aproveitamos estas xuntanzas para ver todo o novo material que a nosa mascota nos trouxo,  despois das súas viaxes durante as vacacións do Nadal: 
Un baúl cheo de libros, películas e xogos de PC.

Roteiros PLAMBE Ferrolterra XI, XII e XIII



As últimas xuntanzas que realizamos o colectivo de bibliotecas do Plambe Ferrolterra foron en tres fantásticas Biblios:
A biblioteca do CEIP Unión Mugardesa.
A Biblioteca do IES de Fene
A Biblioteca do CEIP José María Lage de Ortigueira.
Dende aquí queremos darvos as grazas pola cálida acollida e os parabéns polo voso traballo.
Moitas grazas tamén a Loly polas estupendas reportaxes que son as que aquí enlazamos.
É todo un pracer formar parte deste colectivo.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails