27/5/12

DESPEDIDA CLUB LECTURA 2011/2012


O xoves 24, tivemos a última xuntanza do club de lectura Raiolectores para este curso 2011/2012.
Contamos coa presenza de Yiya, que nos falou da súa experiencia nos campamentos de refuxiados Saharauis de Tinduf.
Os membros do club contáronlle o argumento do libro de Gonzalo Moure "Palabras de Caramelo" e falamos das diferentes impresións que nos provocou a súa lectura.
Para rematar, limos algunhas das cartas que nos enviaron as nenas e nenos saharauis cos que estamos levando a cabo o proxecto "Coñecernos para querernos".
Desde aquí queremos desexarlles aos alumnos e alumnas de 6º curso, que o ano que ven estarán no instituto, moita sorte na súa nova andadura. 


Foi un pracer compartir lecturas con todos vós. 




24/5/12

Yiya cóntanos a súa experiencia nos campamentos saharauis.



Hoxe tivemos unha xuntanza moi especial no "Recanto dos Contos". Yiya, a nai de Marina e Diego, relatounos a súa experiencia nunha viaxe que realizou aos campamentos de refuxiados saharauis, en Tinduf. Falounos de como foi a viaxe, a chegada do grupo ao campamento, a paisaxe, a xente, as súas roupas, os seus costumes e sobre todo a súa xenerosidade e a fantástica acollida que alí tiveron. Para a ocasión fixemos unha reproducción dunha jaima, con algúns obxectos típicos de uso doméstico. "Unha imaxe vale máis que mil palabras". Aquí vos deixamos a reportaxe fotográfica, non sen antes darlle as grazas a Yiya pola súa colaboración neste fantástico proxecto: "Coñecernos para querernos" .
MOITAS GRAZAS!!!







Para rematar, cantamos todos xuntos a canción de Macaco: "Mundo roto". Este vídeo foi grabado en Maio de 2009, no campamento de refuxiados saharauis de Dajla.





20/5/12

LETRAS GALEGAS 2012.


vLuns 14 de Maio
      Obradoiro de maquetería coa exposición de dúas maquetas: un muiño, e unha pequena central eléctrica.
vMércores 16 de Maio
Co motivo da celebración das LETRAS GALEGAS,  todos os anos,  a Unidade Veciñal "OLMO" en colaboración con outras entidades, organiza, ademais de Encontros culturais e Xogos populares, unha Mostra artesanal á que asistimos con alumnado do colexio. Este ano tamén convocaron un certame de redación : "O meu pobo". Dúas alumnas de 4º curso de primaria levaron dous primeiros premios en distintas categorias, Tamará e Icia. Parabéns!!!
vVenres 18 de Maio
Obradoiro de cestería.
Homenaxe a Valentín Paz Andrade:
Ás 13h. Presentación do traballo colaborativo sobre a súa vida e obra, que quedara exposto á entrada do colexio, para despois elaborar un libro xigante para a Biblioteca.
Canto e danza mariñeira (6º E.P.)
Cancións do mar.
Lectura das dúas redacións gañadoras.
Himno Galego
Exposición dos libros xigantes de diferentes autores aos que se lles adicou o día das letras Galegas.
Eposición de libros, en galego, elaborados polo alumnado do Centro.







COÑECERNOS PARA QUERERNOS.

Recibimos materiais elaborados polos nenos e nenas do Sahara, que presentaremos e comentaremos na próxima reunión do club de lectura, o xoves 24 de maio. De momento deixamos aquí algúns destos traballos, para que vaiades vendo.











SHADOW THEATRE.

As alumnas e alumnos de 3º curso de Primaria fixeron unha representación de teatro de sombras dunha obra en inglés titulada: "The Three Billy Goats". Tivemos uns invitados moi especiais, os nenos e nenas do 3º curso de primaria do CEIP Couceiro Freixomil, eles tamén representaran para nós no seu colexio unha obra titulada: " The Shoemaker and the Elves".

Ao remate da representación, a nosa auxiliar de conversa, Amy, fixo unha presentación contándonos moitas cousas interesantes do seu país, the USA, e en concreto do lugar onde ela vive: Tenessee. Ademáis agasallounos cunhas galletas típicas americanas, elaboradas por ela mesma, con crema de cacahuete e chocolate. Moitas grazas Amy. Botarémoste moito de menos. Boa viaxe !!! 

Tamén queremos desde aquí darlles os parabéns a todos eses fantásticos actores e actrices.
Ata a próxima.






13/5/12

LETRAS GALEGAS 2012

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:



MAIOS 2012.


Free website - Powered By Wix.com

TEATRO EN INGLÉS.

O alumnado do 2º ciclo asistiron a unha representación teatral en inglés cuns actores e actrices moi especiais: os alumnos e alumnas de terceiro curso do CEIP Couceiro Freixomil. 

O título da obra: " The Shoemaker and the Elves", todo un éxito. Desde aquí queremos darlles as grazas pola  invitación e os nosos parabéns pola súa representación, sabede que quedades invitados ao noso cole á representación do teatro de sombras: "The three Billy Goats" o martes 15 ás 10.30h.
Deixámosvos unha pequena reportaxe:


6/5/12

NAIS


Preme no icono situado no lateral dereito do vídeo para ver estas preciosas imaxes en pantalla completa. 


 

2/5/12

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO 2012

Para velo en pantalla completa clica aquí

Free website - Powered By Wix.com


 ADIVIÑA QUEN SON:
ADIVIÑA
   


"O LIBRO"

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails