29/4/12

REUNIÓNS PLAMBE FERROLTERRA.


As tres últimas reunións do PLAMBE Ferrolterra tiveron lugar nos centros da zona de Pontedeume:

IES Fragas do Eume, 


CEIP Couceiro Freixomil,


e no noso cole: CEIP Plurilingüe de Andrade.


Deixamos os enlaces ás fantásticas reportaxes que nos chegan desde "O Segrel do Penedo" realizadas por Loly Lago.

23/4/12

PARA UN AMBIENTE DE LECTURA NA ESCOLA.



Coincidindo co Día do Libro 2012, existe unha iniciativa impulsada por Luis Arizaleta (especialista en lectura e desenvolvemento de iniciativas culturais), que nos fai reflexionar sobre o que el coñece desde hai máis de vinte anos: o ambiente de lectura na escola.

Son doce puntos moi breves pero que, de telos realmente presentes, suporía unha verdadeira reformulación da experiencia lectora, persoal e cultural dos nosos rapaces e rapazas. (Vía blog da biblioteca do IES Pedro da Aguia)






22/4/12

ENCONTROS DO PLAMBE 2012



Os días 19 e 20 de abril de 2012 tiveron lugar en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos) osEncontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2011/2012, coa participación de responsables de bibliotecas de 306 centros dos 449 que conforman este programa no presente curso. Todos os materiais (presentacións dos diferentes relatores e informacións adicionais) están dispiñibles na aula virtual habiliada, a través desta LIGAZÓN (pódese entrar como convidado).


Julia González, responsable do CEIP Mestres Goldar (Vigo) realizou unha reportaxe fotográfica da EXPOSICIÓN DE MATERIAIS que os centros participantes achegaron e que se puido ver durante a celebración dos encontros.

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails