26/3/11

LECTURAS COMPARTIDAS III

Continuando co proxecto "Lecturas compartidas", esta semana acompañounos Sara, a nai de Manuel de 4º curso, coa lectura dun fermoso libro relacionado coa temática deste mes, "A MULLER": La escuela secreta de Nasreen. Este libro é unha defensa da liberdade en Afganistán, a liberdade das nenas, das mulleres. Unha defensa do dereito que nenos e nenas teñen de ir ao colexio, en igualdade de condicións. Sara leuno con gran tenrura. Foi unha lectura moi emotiva, que a ninguén deixou indiferente. Moitas grazas Sara!!!



21/3/11

"DÍA MUNDIAL DA POESÍA"


O día 21 de marzo, coincidindo coa chegada da primavera, celebramos o "Día Mundial da Poesía" , con este motivo dende o Equipo de Biblioteca propuxemos a actividade:

FACEMOS CALIGRAMAS.
Podedes acceder ás bases para participar clicando aquí.
Cada nena ou neno presenta o seu caligrama ao resto dos compañeiros e compañeiras do colexio que o ven proxectado ao mesmo tempo que se está lendo.
A presentación ten lugar no Recanto dos Contos na Hora de Ler.
Hoxe comezamos cos caligramas de Infantil e 1º ciclo.
Aquí tedes algunhas fotos que recollen ese momento.
Parabéns aos participantes, fixérono moi, pero que moi ben!!!




20/3/11

LECTURAS COMPARTIDAS II



O martes recibimos no colexio a un contacontos moi especial, Iván, un ex-alumno, que ademais foi presentado polo seu irmán Adrián.


Leunos o conto titulado: "Ceniciento", un conto moi orixinal e ben distinto ao de "Cenicienta".


Moitas grazas Iván e ata pronto!!!




Aquí tedes a reportaxe fotográfica:

14/3/11

LECTURAS COMPARTIDAS: "Había otra vez"

Continuando co proxecto "Lecturas Compartidas", esta semana temos a sorte de contar coa colaboración dun ex-alumno do colexio que se chama Iván.
A lectura proposta é "Ceniciento", un libro que forma parte dunha colección titulada: "Había otra vez" da Editorial Everest.
O día 8 celebramos o "Día da Muller" e con motivo desta celebración, as "Lecturas compartidas" deste mes estarán relacionadas con temas de coeducación. Esperamos que vos gusten.
Neste Glogster que ven a continuación están todos os títulos
desta nova colección que xa temos na Biblioteca:
(Para ver as portadas en grande, preme na foto e non soltes)


8/3/11

Día internacional da Muller: "Un libro, un vídeo, unha carta".

Neste "Día Internacional da Muller" , desde o cole de Andrade queremos recordar a esas nenas que todavía a día de hoxe teñen pechado o acceso ás escolas, á cultura...
Para axudar ao noso alumnado a comprender mellor esta situación elaboramos unha webquest:
Xa foi presentada con motivo da celebración o 25 de novembro do"Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres", pero pensamos que é un tema suficientemente interesante para seguir traballando.
Se clicas nesta foto, ilustración de Leandro Lamas, poderás por a probas os teus coñecementos sobre a situación da muller no mundo:


Para rematar, unha fantástica recompilación no blog "Trafegando Ronseis", coas propostas doutros blogues das bibliotecas galegas e dos equipos de normalización. Preme na foto, outra ilustración de Leandro Lamas:


1/3/11

ENTROIDO: "Andrade medieval"

Neste curso 2010/2011 adicamos o Entroido á Idade Media, desde a Biblioteca fixemos unha selección de libros que tratan esta temática: castelos, mosteiros, nobreza, clero, artesáns, vilas medievais...
Non deixedes de visitala á entrada do colexio.
Un enlace moi interesante: "Unha viaxe á Idade Media"

Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails