Vía Pinzellades al món
(Para velo en pantalla completa, preme no recadro da dereita)
Un dos poemas gañadores do certame de Poesía celebrado no colexio: "Muller e Poesía:
Mamá, cando comeza o día
e me teño que levantar
anque che pareza unha tontería
alégrome que me veñas espertar.
Na orella fálasme baixiño
e os ollos empezo a abrir
eu dígoche "deixame outro pouquiño"
e coa túa mirada fasme sorrir.
Entón abrázasme moi forte
e dígoche "non podo respirar"
mentras penso na gran sorte
que sexas tí quen me esperta, mamá.
Francisco Silva Díaz, 3º Primaria
Precioso poema. Nese cole hai moi bos poetas.Noraboa!!
ResponderEliminarUn saúdo desde Cabanas.
Libroucho.