30/1/09

30 de Xaneiro, COSPIRACIÓN pola PAZ.


  • PAZ?????????????
  • PAZ: PAM!. Balas. Confusión, asasinatos, bombas.
  • PAZ: PAF!. Golpes. Cambadelas da vida cotiá. Rancor. Violencia.
  • PAZ: PAZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZZ. Soño. Sono indiferente da irresponsabilidade.
  • Non é un xogo. É a fraxilidade da palabra. Espello fiel da inestabilidade do seu significado.
  • Utopía imposíbel.
  • Palabra que xera poesía.
  • Poesía? Poesía e Paz.
  • Esta é a nosa proposta: un mundo reinado pola esperanza das palabras, palabras sublimes que permiten melodías, risos, soños... PAZ.

    Xesto simbólico o das Bibliotecas Escolares, que novamente unen voces, azos e esperanzas. A través do mosaico que supón, por fin na nosa comunidade, a integración de diferentes cores, razas, linguas... chega a poesía capaz de expresar unha mesma arela. O frenesí da humanidade dominado pola forza da palabra. Unidos contra a ignominia da morte inxusta, das violacións das mulleres, da violencia extrema, da existencia dos nenos-soldado, da vinganza. Optamos polo silencio das palabras, da súa mudez. Porque a súa música festexe os días de coñecemento. Porque os aloumiños que desprenden estas balas sexan quen de recargar o porvir. Porque o nosos pentagramas debuxen as fusas non confusas da ilusión, do mañá cargado de bombas de papel. Papeis que falan de sorrisos, de amores, de xustizas. Papeis convertidos en poesía.

    Hoxe, o noso alumnado, dende esas diferenzas que os converten en iguais, transfórmanse en trasnos portadores de equidade. Dende o pasado poético ao presente sonoro, ao futuro harmonioso.

  • Tanques de algodón
  • Armas de caramelo
  • O noso soño
  • O noso desexo
  • A nosa conspiración.

Antoloxía Poética Intercultural
Bibliotecas Escolares Galegas.


SON DE PAZ EN GALEGO:

ALUMNAS/OS DO 2º CICLO DE PRIMARIA

RECITAN POEMAS DE PAZ.





PREME NESTES ENLACES E ATOPARÁS :

POEMAS DE MOITAS CORES .

Blog da biblioteca do IES Alexandre Bóveda. Vigo.
O Segrel do Penedo. IES de Fene. Fene. A Coruña.
Mesturas. IES Sánchez Cantón. Pontevedra.
Bibliobelesar. CEIP de Belesar. Belesar. Pontevedra.
Biblioandrade CEIP de Andrade. Pontedeume. A Coruña.
Bemilladoiro. Biblioteca do Ceip. Milladoiro. Malpica. A Coruña .
Biblioteca Olhos Grandes IES Nosa Señora dos Ollos Grandes . Lugo
Biblioteca do CEIP de Pazos. CEIP de Pazos. Ferrol. A Coruña.
Biblioteca do cole. CEIP Quintela de Moaña. Pontevedra
Cadernos de Vide. Escola Unitaria de Vide. As Neves. Pontevedra.
Biblioteca Brea Segade. C.E.P. Xose Mª Brea Segade. Taragoña. Rianxo.
Biblioteca IES de Sanxenxo. Sanxenxo. Pontevedra.
Biblioteca IES R. O. do Uruguai. IES República O. do Uruguai. Vigo.
Biblioblogreboreda. Ceip Santo Paio de Abaixo, Reboreda. Pontevedra.
Biblioteca Colexio de Cervo. CEIP de Cervo. Lugo.
Bibliochispi. CEIP A Laxe-Marin. Pontevedra.
Participa tamén neste proxecto o blog Trafegando Ronseis

29/1/09

EN SON DE PAZ (Xoves)


Seguindo co ciclo de CANCIÓNS DE PAZ na HORA DE LER, hoxe fixemos a lectura de :
"Es tiempo de cambiar" de Juanes.
"Verdad que sería estupendo" de Cómplices.
Cando rematamos a lectura, vimos os videos das cancións e cantamos xuntos.








28/1/09

"EN SON DE PAZ" (Mércores)


Hoxe, Mércores 28, seguindo co programa de actividades pola PAZ, na HORA DE LER, xuntámonos de novo na sala de usos múltiples, para ler, cantar, ver video e incluso bailar a canción "NO DUDARÍA" de Antonio Flores.






"EN SON DE PAZ"


Durante esta semana, do 26 ao 30 de Xaneiro, na HORA DE LER, xuntarémonos todas e todos, dende E. Infantil ata 6º de Primaria, na sala de usos múltiples, para ler a letra de "Cancións de PAZ", un día faremos lectura colectiva, outro día cada nena ou neno lerá unha frase da canción, tamén faremos lectura silenciosa e para rematar cantaremos e veremos un video da canción.

LUNS 26: "Color Esperanza" de Diego Torres
MARTES 27: "Himno da Alegría" Miguel Ríos e "Sonríe" de Rosana.
MÉRCORES 28: "No dudaría" de Rosario Flores.
XOVES 29: "Es tiempo de Cambiar" de Juanes
VENRES 30: "Verdad que sería estupendo" de Cómplices.

"COLOR ESPERANZA"




"HIMNO DA ALEGRÍA"



"SONRÍE"

Para ver o video, preme neste enlace:
"Sonríe" Rosana

27/1/09

Concurso: "Vai estalar a PAZ"


RAIOTECA PROPÓN CON MOTIVO DO
DÍA DA PAZ
UN CONCURSO:
VAI ESTALAR A PAZ!!!!!!!!!
SE ESTADES INTERESADAS/OS EN PARTICIPAR CONSULTADE AS BASES
NA BIBLIOTECA.

BASES DO CONCURSO: “VAI ESTALAR A PAZ!!!!!!!!!!”
INFANTIL E 1º CICLO
Cada día Raioteca traeranos unha pomba para que vos a decoredes.
Poñédelle o nome e deixádea no buzón.

2º E 3º CICLO
Cada día Raioteca traeranos unha pregunta sobre a PAZ para que vos a respostedes.
Teredes que formar grupos, máximo de catro persoas, que sexan de diferentes cursos.
Cando teñades a resposta poñédeslle o nome
e a deixades no buzón.

Haberá agasallos de PAZ para todos e todas os/as participantes.

17/1/09

"A fala das pombas que falan"


Con motivo da celebración do DÍA ESCOLAR POLA PAZ, o 30 deste mes, unha das actividades que faremos os nenos e nenas de E. Infantil e 1º e 2º ciclo de primaria, será ilustrar e poñerlle voz a algúns dos poemas recollidos no libro de Antonio García Teijeiro titulado: "A fala das pombas que falan".
Nesta breve presentación podedes ler algúns destes poemas.



Incluímos un estupendo vídeo que nos chega vía Trafegando Ronseis, a través do cal queremos manifestar a nosa repulsa a todo tipo de conflito bélico.


video

“Dálle aos nenos/as os instrumentos para crear unha vida mellor, e un mundo pacífico será posible. Abandónaos e o ciclo da pobreza e violencia seguirá”. (We are the future, concerto pola paz)

13/1/09

VAI ESTALAR A PAZ!!!!


Visitando o blog do colexio "Fermín Bouza Brey" de Ponteareas, atopamos este xogo tan interesante para por a proba os teus coñecementos sobre os movementos para acadar a PAZ .

O xogo chámase "Vai estalar a PAZ" e podes acceder a él premendo nesta imaxe.

10/1/09

Apoio a "CHICASS 10"

Hoxe queremos facervos unha proposta, Apoiar ao Blog Chicass 10, nominado como Mellor Blog do Ano por RTVE no premio Miradas2.


Para presentarvos este blog que coñecimos o verán pasado nos III Encontros Edublog que se celebraron en Santiago, escollimos esta Carta de Presentación escrita por Lourdes Barroso

"Chicass 10" no es un blog cualquiera, es una ventana abierta en el módulo de mujeres de la cárcel de Teixeiro. Es una experiencia educativa basada en el voluntariado de quienes enseñan y el coraje, la voluntad de superación, y la esperanza de un puñado de mujeres condenadas no solo a la reclusión, sino también a la exclusión social. Este blog se escribe sin Internet, porque en la cárcel no hay acceso a Internet, pero es el motor de arranque de la motivación de quienes publican en él, lo hace con esmero, es su "cuaderno de limpio", la mayor parte de ellas se están alfabetizando, nos muestra su historia y sus aprendizajes. A través del blog han buscado nuestra mirada, nuestro comentario, nuestro apoyo, que va llegando con cuentagotas. El fuerzo realizado, el compromiso, el cambio en lo personal, no se ha visto hasta ahora recompensado por parte de la administración penitenciaria, pero quizás ahora se abra una nueva oportunidad, si entre todos somos capaces de movilizarnos darles nuestro apoyo. Chicass 10 ha sido nominado como mejor blog del año por RTVE.es en los premios Miradas2, tal vez, si somos capaces reunir los votos suficientes, las cosas en Teixeiro puedan cambiar.

"Quizás non consigamos que gañen pero alomenos terán coseguido o noso recoñecemento, necesítano e meréceno".


¡¡Vota Chicass 10!! Nós, xa o fixemos!!

¡¡Difunde esta mensaxe!!.

Tamén en:

9/1/09

"QONTEXTOS"


Durante o mes de Decembro chegou ás librerías a nova colección de OQO Editora: “Qontextos”, unha serie de libros que apostan, desde unha perspectiva solidaria, por abordar a marxinalidade, a miseria e a dramática situación dos máis desfavorecidos”.
O seu primeiro número é Fume, un álbum ilustrado dunha conmovedora historia de
Antón Fortes cunhas intensas imaxes, da ilustradora polaca Joanna Concejo, de gran sensibilidade e fermosura, pese a reflectir a dura realidade do protagonista nun campo de concentración.
A editorial colaborará, para esta colección, coa
ONG Creart, que traballa con nenos de países como Senegal, India, Thailandia ou da franxa de Gaza.

“Soño cun dragón verde de lingua negra que me quere papar. As casas tamén son verdes, como a herba do noso xardín con bambán, onde antes xogabamos ao balón papá e eu. Bótoo moito de menos. Mamá dime que pronto nos imos reunir”.

1/1/09

"UN ANO MAIS"

Dende a Biblioteca do colexio de Andrade desexámosvos un ano 2009 cheo de:
Saúde, Paz e Boas Lecturas.


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails