O PAPAGAIO REVISTA

21/12/09

CHEGOU O DÍA...

O venres 18, celebramos o día da BIBLIOTÓMBOLA do Nadal 2009.
Comezamos co sorteo, no que cada un dos participantes collemos un número e facíannos entrega do libro correspondente.
A continuación entregamos os premios aos mellores lectores/as de cada curso deste primeiro trimestre.
Finalmente, RAIOTECA trouxo agasallos de Nadal para @s axudantes da biblioteca e un cofre cheo de moedas de chocolate para todos @s nen@s e profes do colexio.
MOITAS GRAZAS RAIOTECA!!!

SORTEO BIBLIOTÓMBOLA on PhotoPeach

7 comentarios:

  1. CHAPEAU!
    Lástima que non se poida poñer letra máis grande, ou negriña, ou de cor... Eu que sei; necesitaría darlle énfase a este comentario. Haa, haaa! É que me encanta a idea, e quedouvos redonda e doce coma un ¿sol de chocolate?, por exemplo?
    Os nosos mellores desexos para este Nadal e outro tanto para o novo ano que se nos aveciña.
    Unha manchea de bicos e FELICES LECTURAS!

    ResponderEliminar
  2. Estupenda iniciativa, como todo o que facedes nesa biblio tan preciosa.
    Feliz Nadal a todos desexamosvos dende o cole de Quintela en Moaña

    ResponderEliminar
  3. Que idea! En Vide copiamos e pegamos para facer "algo así" o ano que ben.

    E por favor:

    Seguide igualiño igualiño, que xa sodes D I V I N A S.

    unha apreta. Sabela

    ResponderEliminar
  4. Bo Nadal e moitos bicos para Encarna e todo o equipo da Biblioteca!!!
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Bo Nadal para todo o colexio de Andrade. Agardo que o 2010 sexa un moi bo ano para vós.

    Biquiños de andel

    ResponderEliminar
  6. Dende Ponteareas tamén queremos desexaros o mellor para estas festas e que o ano 2010 veña cargado de ilusións e felicidade.

    Apertas como páxinas

    Bea

    ResponderEliminar
  7. hola encarna! somos patri y silvia, que tal todo por hay nosotras estamos muy bien con una semana sin clase .Bueno queriamos deciros que estaban todos muy guapos en navidad y muchos besos.Os queremos

    ResponderEliminar