Blog da Biblioteca do CEIP
Plurilingüe de Andrade-Pontedeume.
O PAPAGAIO REVISTA
▼
11/6/09
O TREN DA LINGUA.
Un ano máis Caixanova volve organizar viaxes curtas en tren para grupos de nenos/as de entre 5 e 8 anos de diversos colexios de toda Galicia. A semana pasada os alumnos e alumnas do noso colexio viaxaron no tren da lingua dende Ferrol ata Betanzos. Durante a viaxe houbo grupos de animación e conta contos dispostos a incentivar o uso do galego entre os rapaces. O proxecto trata de que “os nenos descubran o pracer de viaxar en tren, coñezan Galicia a través das súas fiestras e que se acheguen á cultura e o idioma galego dunha forma activa e visual” segundo palabras do director de Relacións de Caixanova.
Nos fumos o ano pasado. Foi unha experiencia moi divertida, xa que no tren se pasa moi ben.
ResponderEliminarMoitos bicos, Raioteca.
Sara