29/3/08

27 de Marzo, DÍA MUNDIAL DO TEATRO


O acto principal deste día do teatro en Galicia será a gala que terá lugar no Teatro Rosalia de Castro na Coruña, na que se entregarán os premios María Casares.

No noso cole, non puido ser o día 27, pero o venres 28 , xuntámonos na sala de usos múltiples e os alumnos/as do 3º ciclo sorprendéronnos cunha sesión de teatro dunha obra titulada:


Unha fusión de ÁRBORE, POESÍA e TEATRO. Principais homenaxeados neste mes de Marzo.

Noraboa a estes xóvenes actores.

28/3/08

"OBRADOIRO DE CONVIVENCIA E HÁBITOS SALUDABLES"

















A asociación ADAFAD (Asociación de Axuda a Familiares de Drogodependentes) presta os seus servicios en dúas áreas principales:
  • Información e prevención.
  • Atención psicosocial.

O programa "NON É TAN ESTRAÑO" I e II, que realizaron no noso colexio, vai dirixido a alumnos/as de 5º e 6º de Primaria, co interés de promover hábitos de vida saludables e o respeto ás diferencias, como base para unha convivencia pacífica.

As actividades realizadas constan de cinco módulos:

  • MÓDULO I: Saude: Coidado do corpo.
  • MÓDULO II: Manexar tensións e afrontar problemas.
  • MÓDULO III: Convivencia familiar e escolar.
  • MÓDULO IV: Relacións sociais na comunidade.
  • MÓDULO V: Malos rollos ...

Hoxe, 28 de Marzo, remata este obradoiro de hábitos de vida saludable e relacións positivas.

Moitas grazas a Mª Xosé e Borja, os monitores que tan ben souberon dirixir todas as actividades e á asociación ADAFAD, promotora deste obradoiro.

22/3/08

ÁRBORES DO MUNDO

... Y se confunden todos los árboles.
Los árboles del mundo y los de la palabra.
" Ensayo de un árbol". Fernando Ruiz Granados.


Vía Powerpoints from Jefken

Un bo acompañamento musical para estas imaxes:

free music

21/3/08

21 de Marzo: Día da ÁRBORE e POESÍA

"A PRIMAVERA, QUE CANTE OU QUE CHORE, NON VEN NUNCA SEN FLORES."


16/3/08

XOGAMOS COS NOMES

Realizado polos alumnos e alumnas do 3º curso de Primaria na clase de Lingua Castelá .
Clica en "OPEN PUBLICATION" para velo en pantalla completa
.

9/3/08

"LITERATURA COEDUCATIVA ... "



SER HOMBRE
Por Gladys Dávalos Arze
¿Mamá, por qué no puedo aprender a tejer?
¿Por qué me dices, que muñequitas no debo mecer?
con lo que la comida me haces gustar,
¿por qué me prohíbes a la cocina entrar?
Cuando mis tías vienen de visita
y quiero jugar con mi primita,
saltando a la pita,
de pronto oigo un irritado grito:
“¡Eso no es de hombrecito!”
Y cuando me pongo a llorar,
porque yo sólo quiero jugar,
“¡Un hombre no llora!”, me ordenas,
y así me trago mis lágrimas y penas.
¿Así seré “todo un hombre”?
¿Significa eso “ser hombre”, mamá?

8/3/08

PLANTACIÓN ESCOLAR

O Mércores, día 5 de Marzo, a Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume (AGAFA), iniciou as súas actividades para transmitir a cultura da froita da comarca. O pasado día 27, impartiron unha charla na Biblioteca do colexio e o día 5 realizamos a primeira plantación escolar das cinco variedades recoñecidas da mazá eumesa, no recinto exterior do Centro.

Fixemos seis grupos e cada grupo plantou unha variedade distinta:

"Tres en cunca"

"Sangue de Touro

"Camoesa"

"Príncipe Grande"

"Blanca cerosa" e "Tabardilla roxa


Explicáronnos paso a paso o proceso de plantación e participamos todas e todos.

Cada grupo terá que ocuparse do seguimento e coidado da súa árbore.

Ao remate, fixemos unha foto todos xuntos co socio de honor desta Asociación, ten 92 anos, é coñecido por todos como Sr. Molares.

Dada a relevancia deste acontecemento visitounos a PRENSA e a TVG.

Incluimos algúns dos artigos de prensa e un video da filmación da Televisión Galega.



Clica neste enlace se queres acceder ao video da TVG:

PLANTACIÓN ESCOLAR: Froita Autóctona do Eume.

O NOSO ÁLBUM DE FOTOS



Os nosos parabéns á Asociación AGAFA pola súa labor, e moita sorte na súa iniciada andadura.

8 DE MARZO - DÍA DA MULLER

¿Ata cando?
Balbina vive nunha aldea pequena moi perto de Compostela. Érguese moi cedo. Mentres Manuel e o neno durmen, ela alista os animais, prepara a pota da comida que deixará cocendo toda a mañá co lume baixiño e fai o almorzo.
Levanta ó neno e prepárao para ir á escola.
Érguese Manuel, almorza e prepara o tractor para marchar.
Botan a mañá traballando nas leiras.
Ó mediodía volven á casa. Balbina pon a comida na mesa e comen. Despois de comer, o neno marcha para a escola, Manuel vai botar unha siesta e Balbina, despois de recoller a cociña vai ó río: lava, pon a roupa ó clareo se non chove… Cando volve á casa Manuel xa se ergueu, prepáranse e van traballar a outras leiras.
Volven coa tardiña. O neno xa chegou e está xogando. Manuel aséase e vai á lareira de Alfredo, o veciño, a saber das novidades.
Balbina muxe as vacas e acomoda os outros animais. Fai de cear mentres axuda a José Manuel cos deberes. Cean todos xuntos. O neno déitase. Manuel pónse a ver a televisión e Balbina tamén, mentres repasa unhas pezas de roupa que recolleu hoxe do tendal.
Esta historia é real e tódolos personaxes tamén.
Para Balbina, e para tódalas balbinas que , mentres facían todo esto non podían abrir unha conta no banco sen o permiso do marido, nin quitar o pasaporte…. A tódalas mulleres que non pudieron votar a Constitución española porque non tiñan vinteún anos e viron como os seus compañeiros de dazaoito sí o facían.
¿por canto tempo, aínda balbinas?

A Muller Galega do Século XXI
(Clica na imaxe para ver o álbum)

8 de marzo


A Muller Galega de principios do século XX




Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

7/3/08

IMOS CONTAR MENTIRAS

Imos contar mentiras...
Ou non.

Soñamos con que algún día nada disto sexa unha triste realidade. Con que homes e mulleres sexan exactamente iguais e gocen exactamente dos mesmos dereitos. Con que non haxa nin unha soa muller que sexa violada polo simple feito de selo. Con que non existan os burkas, nin os medos. Con que o traballo doméstico sexa realizado por dúas persoas e non por unha. Con que os salarios sexan exactamente os mesmos. Con que as oportunidades sexan as mesmas. Con que non haxa unha soa muller que teña medo a ser nai por non quedar sen traballo. Con que non existan diferenzas.

Cando teñamos unha sociedade, un planeta inequívocamente solidario, no futuro pensarán que nada disto é real.

Home e muller, ombreiro con ombreiro, sorriso con sorriso, loitando porque a atmósfera sexa máis respirábel.

Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da Igualdade.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

Textos e debuxos do 1º vídeo

6/3/08

MULLERES E ARTE


“A historia da arte
nega ás mulleres e afirma á muller”
Marián L.F.Cao (Profesora da Universidade Complutense de Madrid)

Ata hai ben pouco as mulleres concretas e individuais cos seus desexos e preocupacións non aparecían nas plasmacións artísticas porque tiñan moi restrinxido o acceso como productoras de arte e non dominaban o ámbito que a sociedade patriarcal define e valida como arte verdadeira. Deste modo, as mulleres foron rexeitadas como creadoras e por tanto, a súa visión do mundo e de si mesmas case nunca foi exposta aos demais. As poucas mulleres que malia as enormes trabas acadaron importantes logros foron, en xeral, ignoradas pola Historia do Arte. Por outra banda, a arte e, na actualidade, tamén a publicidade, constrúen unha muller inventada e pouco cambiante. Prescíndese, en xeral, das mulleres de carne e oso xerando unha construcción universal que contenta as fantasías e os desexos que os homes desenvolven nunha sociedade onde a eles tamén se lles impoñen uns determinados valores tipificados como masculinos e bos. Certamente unha análise seria amosará outras produccións artísticas que non encaixarán neste esquema tan simplista. Porén, é innegable que non facer unha reflexión desde unha perspectiva de xénero é ocultar o papel que a arte ten como xustificadora de roles e constructora de conciencias.


A MULLER NA LITERATURA ESPAÑOLA ATA O SÉCULO XX

Afírmase que o feminismo xurdiu cando unha muller aprendeu a ler, pero isto é certo se engadimos que foi cando tamén aprendeu a escribir. A maior parte das mulleres foron reducidas a unha especie de semianalfabetismo durante moito máis tempo cós homes. E necesitaron moito máis tempo aínda para acceder á liberdade intelectual de escoller os seus temas de lectura. Pero a loita máis longa tivérona que protagonizar para conseguir seren recoñecidas pola súa produción escrita. Moitas veces practicada en segredo, agochada baixo nomes masculinos, imos ver como moitas delas tiñan acceso á escrita grazas aos muros dos conventos, situación que cambiará a partires do século XIX. Pondo o hábito, as mulleres gañaban un pouco en mobilidade social, pagando un alto prezo: renunciar á súa feminidade e á súa sexualidade.




Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.

5/3/08

10 MULLERES DE CINE NO SÉCULO XXI

O cabo dalgúns anos quen queira ter unha idea de como era a sociedade do 2008 e que papel tiña a muller nela terá que votar mán do cine.

Hoxe, anticípándonos aos acontecementos, propoñemos: dez miradas ao mundo fiminino a través de dez historias que nos mostran diferentes etapas das súas vidas.

Empezaremos por ver a aquelas que se incorporan o mundo, pero pola vía da adopción e vindo de lonxe en La pequeña Lola.

Votaremos unha ollada a aquelas nenas que difrutan unha infancia chea de comodidades e o mesmo tempo chea de histerismo, falamos de Pequeña Miss Sunshine.

Moitas mulleres procedentes de outras culturas, por adopción ou emigración, deben loitar na súa xuventude por compatibilizar as súas tradicións co seu contorno e iso e o que fan en Quiero ser como Beckhamn.

E seguindo co inevitable e marabillosa mestizaxe que nos invade, asistiremos a ruptura de tópicos que nos amosan en Las mujeres de verdad tienen curvas.

Pasada a xuventude: toca a vivir, e se non se dan as cousas como se soñaron e preciso poñerse á tarefa e tratar de cambialo todo e iso é o que fai Amelie.

Outras ven truncados os seus anhelos antes de poder cambialos, pero tratan de deixarnos un mundo mellor , como a protagonista de Mi vida sin mí.

En cualquera caso , a consigna e vivir dignamente e iso é o que tratan de facer as mulleres de Mataharis.

Claro que hai cousas que non cambian e os violentos
inimigos da convivencia e a igualdade fan das súas en
Te doy mis ojos.


Pero como dicía unha consigna: podedes arrincar as flores, pero non impediredes a chegada da primavera. Vemos isto no mundo que se inventa a granxeira de La suerte de Emma.

E acabamos cunha dura visión da idade madura en Diario de un escándalo. Que se ben non nos mostra un gran exemplo de vida si nos invita a una profunda e última reflexión.

Buscade estas películas nas bibliotecas, nas tendas ou mesmo nas carteleiras e gardádeas na memoria. Veredes como nuns poucos anos convírtense en documentos de vida deste 2008.


Traballo colaborativo dos Blogues das Bibliotecas Escolares Galegas en prol da IGUALDADE.
Se te queres unir a esta iniciativa tes o código nesta ligazón.



4/3/08

8/03 Día da Muller Traballadora. LIBROS COEDUCATIVOS

DE NENAS E DE LIBROS

Nun documento distribuido por culturagalega.org, , aparece unha bibliografía comentada de 20 libros coeducativos escritos en galego e publicados dende 2005. Elaborada por Montserrat Pena Presas.

Éstes son algúns dos títulos recollidos nesa biblografía: "A lagoa das nenas mudas", "Smara", "Chocolata", "Sígueme", "A noite da raiña Berenguela", "A negrura do mar", "Usha", "Iago e Uxía", "Celestino Tarambainas", "O cuarto prohibido"...

1/3/08

ÁLBUMES E CROMOS.

O Luns 25, RAIOTECA deixounos un cartel no trípode da entrada do colexio, que dicía:

O Venres ás 12 horas, haberá unha xuntanza na Biblioteca.

Recibirás o "Album dos nosos poemas" e 16 cromos iguais que terás que intercambiar.

Todas e todos os que completedes correctamente o álbum, cos 16 poemas distintos (dous poemas de cada curso,coa ilustración correspondente) recibiredes un agasallo de RAIOTECA.

O Venres tod@s estabamos ás 12 na Biblioteca. Despois de que dous alumn@as de cada curso nos recitaran os seus poemas, entregáronse os álbumes e cromos.

Ese mesmo día xa houbo quen completou o álbum no recreo ...

CHARLA NA BIBLIOTECA

O Mércores 27, tivemos unha charla na biblioteca do Colexio, da ASOCIACIÓN GALEGA DA FROITA AUTÓCTONA DO EUME.
Tratáronse temas relacionados coa plantación, principios fundamentais en árbores frutais, condicións naturais favorables, enfermedades nas árbores frutais, como fungos, bacterias, virus e microplasmas. A poda, tipos de poda, poda según a época do ano.
E por suposto as variedades de froita autóctona da Comarca Eumesa, con degustación incluida.
Na vindeira semana poñeremos en práctica algunhas destas aprendizaxes, cunha plantación no recinto exterior do Colexio, tamén acompañados por membros desta asociación.


Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails