27/2/08

KIKA SUPERBRUXA

A colección de libros de "KIKA SUPERBRUXA" está batendo records de lectura na nosa biblioteca.

...Dende que un bo día atopou un libro de MAXIA xunto á súa cama, a Kika encántalle facer feitizos, aínda que a verdade é que ás veces os seu conxuros teñen consecuencias inesperadas ...

23/2/08

Álbum de Poesía

Tamén temos os POEMAS E ILUSTRACIÓNS en formato de video, tí elixes ....
Recorda que tes que premer en "FULL" se queres ver o video en pantalla completa.



POEMAS E ILUSTRACIÃ




PIZARRA VIRTUAL

Dende A Nosa Biblioteca sempre nos chegan as últimas novidades para introducir no noso blog .
Esta vez é A PIZARRA VIRTUAL
Podes elexir color de fondo, grosor de pincel, color de trazo e gardar o resultado final.

21/2/08

POEMAS E ILUSTRACIÓNS

Seguindo co Obradoiro de POESÍA proposto dende a Biblioteca,
elaboramos un libro que conten poemas e ilustracións aportadas polos
alumnos/as de Educación Infantil e Educación Primaria.
Os nenos e nenas de E.Infantil fixeron as ilustracións de catro poemas
e en E.Primaria esribiron, ilustraron e despois, elexiron os catro poemas
que máis lles gostaron en cada un dos ciclos.
A finalidade é facer un álbum de poesía, que cada neno/a terá que completar
se quere recibir un agasallo de RAIOTECA. Xa vos seguiremos informando.


PREME EN OPEN PUBLICATION PARA VELO EN PANTALLA COMPLETA.

16/2/08

"AMOR ÁS LECTURAS, LECTURAS DE AMOR"


Esta semana, no taboleiro que está á entrada do colexio, expusemos unha pequena selección de Poemas de Amor.
Todos os nenos/as dende o primeiro ata o terceiro ciclo, leron os poemas e elexiron
un deles. O máis votado foi proclamado: "Poema Namorado 2008":
O primeiro lugar foi para: O número catro: "Manolito el caracol"
O segundo lugar foi para: O número nove: "A Miña Vida e a Poesía", escrito por César, un alumno de 6º curso.
O terceiro lugar foi para: O número cinco: "Alguien especial".
Ademáis todos os cursos aportaron murais e tarxetas para decorar o porche con motivo da celebración do "DÍA DO AMIGO"


Exposición de "LECTURAS DE AMOR"




Se queres ver o video en pantalla completa, e así ler mellor os poemas, preme en FULL.



Poemas namorados from Andrade on Vimeo.

8/2/08

"QUEIMA DO ENTROIDO"

ImageChef.com - Custom comment codes for MySpace, Hi5, Friendster and more


NESTE ENTROIDO 2008
Que fixemos?
Cantar? cantamos
Bailar? bailamos
Disfrazar? disfrazámonos
Troulear? trouleamos
E comer? comemos
E o noso ENTROIDO?
Cantar? Non cantou
Bailar? Non bailou
Troulear? Non trouleou
Comer? Comer, si que comeu.
E que lle pasou?
Que o pobre morreu dunha enchenta que comeu.
Xa morreu, xa morreu
dunha enchenta que comeu
non chorar, non chorar
que o imos a queimar.
Que queremos para o ENTROIDO?
Querémolo queimar
Querémolo queimar por nos comer os chourizos e a cachola.
Querémolo queimar por nos mandar ir con cousas vergoñentas
Querémolo queimar por nos mandar un baile bailar.
Polos males que trouxo, no lume será queimado, para ser perdoado.
Polos males que deixou, no lume será queimado, para ser purificado.
Polos males que fixo, no lume será queimado, para ser resucitado.
E QUE NOS DEIXEN DISFRUTAR A TODOS CON ÉL PARA O ANO QUE VEN.



4/2/08

A MAXIA DO ENTROIDO

Este ano o ENTROIDO chegou ao colexio coa "Maxia das Pombas".
Pero, coma sempre, cos seus mandatos:
O Luns, todo ao revés, a camisa por riba do xersei.
O Martes, terás que por, calcetíns de cor, por encima do pantalón.
O Mércores, para celebrar a PAZ, pinta a túa faz.
O Xoves, pon moita cor, coa toalla ou o albornoz.



O Venres, celebramos o ENTROIDO máis bailón de todos os que acordamos:

"BATUKANDRADE"

Cada ciclo sorprendeunos cun baile de BATUKA:

Educación Infantil: Bailaron unha samba batukeira, "CHI-KI-CHA".

1º Ciclo de Primaria: Bailaron unha batuka-salsa, "ES MEJOR BAILAR".

2º Ciclo de Primaria: Bailaron a ritmo de cumbia, un tema de batuka titulado: "BANDOLERA"

3º Ciclo de primaria: Puxeron o broche final, cunha actuación espectacular, dun tema de batuka, rumba flamenca, titulada: "ESTA PENA MÍA".

Ao remate, para recuperar enerxías despois de tanto bailoteo, tivemos degustación de

postres típicos de Entroido.

Todos/as dende o cole de Andrade desexamos un

"FELIZ ENTROIDO 2008"

(Especialmente aos visitantes do noso blog)




3/2/08

A MAXIA DAS POMBAS. Paz 2008

Continuando co Obradoiro de poesía, proposto dende a Biblioteca, o Día da Paz fixemos un recitado do poema "A Maxia das pombas", no que participaron alumnos/as de todos os ciclos de Primaria.

video

Tamén cantamos todos xuntos a canción "El Progreso", a modo de karaoke, coa proxección dun video.
Os alumnos/as de 3º ciclo de Primaria, explicáronnos porque se celebra o día 30 de Xaneiro o "DÍA MUNDIAL DA PAZ" e leron algúns fragmentos da CARTA PARA UN MUNDO SEN VIOLENCIA, asinada polos Premios Novel da Paz.

Os alumnos/as de Educación Infantil interpretaron a canción: "Ola amigos".
Os alumnos/as de 1º, 2º e 3º cantaron: "Que viva a paz e o amor"
Os alumnos/as de 4º, 5º e 6º actuaron coa canción: "O tren da alegría"

E para rematar unha comida de convivencia: "Pan con chocolate"

Dende o colexio de Andrade queremos enviar o noso maior desexo para o mundo: "QUE TODOS SAIBAMOS VIVIR EN PAZ, EMPEZANDO POLO DÍA A DÍA, POR ESAS PEQUENAS COUSAS QUE FAN A VIDA MÁIS AGRADABLE"

OS NOSOS LIBROS DA PAZ

Catro LIBROS DA PAZ, que fumos elaborando ao longo destes últimos

catro anos, o libro deste ano 2008 aínda está sen rematar, pero esperamos poder

expoñelo dentro de poucos días. Estas son as portadas dos tres últimos, que están
expostos na Biblioteca do Centro.







DESEXOS DE PAZ

Con motivo da celebración do DÍA DA PAZ, fixemos unha exposición, no porche do colexio,
cos murais elaborados por alumnos/as de todos os cursos, dende infantil ata 6º de Primaria:

OS GLOBOS DOS DESEXOS:
Os alumnos/as de cada ciclo expresaron nun globo os seus desexos de PAZ.

A ÁRBORE DA PAZ:
Cada neno/a aportou o seu desexo escrito sobre unha plantilla, feita coas súas
mans, e todas penduradas da árbore.

A PAZ NO MUNDO:
Murais de PAZ rodeados de carteis coa palabra Paz escrita en linguas diversas.




Quizais tamén che interese

Related Posts with Thumbnails